|  Presentación
do ENCLAVE 15 en Compostela |
O
xoves 3 de maio ás 20:00 h. preséntase
o número 15 da revista ENCLAVE en Santiago
na Facultade de Dereito, sita no Campus Sul, incluindo
un coloquio posterior. Participarán no
acto:
- Antón Fernández Escuredo,
Redactor Xefe d´A Peneira
- Saúl Santim da Branca,
Xerente da Fundación Enclave.
- Xosé Ramón Paz Antón,
Deputado no Parlamento Galego.
[+]
|
|
|  Presentación
do ENCLAVE 15 en Vigo |
O
pasado 9 de febreiro tivo lugar a presentación
do número 15 da revista ENCLAVE na Casa
do Libro de Vigo coa participación de Pedro
G. Valadés, coordinador da revista, e Xavier
González, Antón Fernández
e Xosé Mª Moreno, todos eles colaboradores
neste número. [+]
|
|
|  Xa na rua o ENCLAVE
15 |
Vén
de saír do prelo o último número
da revista ENCLAVE, que desta volta reparte
os seus contidos entre a situación sociopolítica
internacional coa actualidade galega.
Destacan neste número as colaboracións
de Xosé Paz Antón, Lih Beiruk, Antón
Fernández Escudero, Xosé Veiras,
Shlomo Ben-Ami, Gerry Adams e Xosé Manuel
Beiras. [+] |
|
|  Crónica das
II Xornadas de Políticas Lingüísticas |
Achegamos
na presente nova documentación gráfica
con varias instantáneas das primeiras tres
sesións das II Xornadas de Coordinación
de Políticas Lingüísticas da
Fundación Enclave, que desta volta se celebran
en colaboración coa Universidade de Vigo
no Campus Universitario. [+] |
|
|  II Xornadas de Coordinación
de Políticas Lingüísticas |
A
Fundación Enclave organiza conxuntamente
coa Área de Normalización Lingüística
da Universidade de Vigo as II XORNADAS
DE COORDINACIÓN DE POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS.
Deste volta vanse desenvolver no Edificio Miralles
do Campus Universitario de Vigo os días
22, 27, 29 de novembro e o 11 de decembro
en horario de tarde e validaranse con
1 crédito de libre configuración
para os/as estudantes da U.Vigo.
Eis podes consultar o programa completo e informarte
de como tramitar facilmente a túa inscrición.
[+] |
|
|  O monte quere pobo |
Este
é o título do artigo de opinión
verbo da vaga de lumes que está a padecer
o noso país neste mes de agosto de Manuel
Xesús Fontán Bouzas, enxeñeiro
de montes e ex-concelleiro do BNG en Pontevedra,
que achegamos ao noso laboratorio de ideas e que
podes consultar directamente aquí. [+] |
|
|  13-Xullo: Presentación
do ENCLAVE 14 en Compostela |
O
xoves 13 de Xullo terá lugar unha nova
presentación do último número
da revista ENCLAVE, nesta ocasión en Santiago
de Compostela. O acto celebrarase ás 20:00
horas a Galería Sargadelos -sita na Rúa
Nova da zona vella compostelá- e participarán
no mesmo Xoán Carlos Bascuas, Camilo Nogueira
e Emilio Insua, colaboradores neste número.
Presentará o acto Xosé Antón
Barreiro. [+] |
|
|  9-Maio: Presentación
do ENCLAVE 14 en Vilagarcía |
O
9 de Maio terá lugar a presentación
do último número da revista ENCLAVE
nunha nova vila do País, desta volta en
Vilagarcía. O acto será ás
20:00 horas na libraría Arousa e participarán
Manuel Portas (membro do Consello de Redacción
da revista), Xosé Castro Ratón (portavoz
municipal do BNG neste concello), Emilio Insua
(colaborador neste número e Pedro Gómez-Valadés
(coordinador da revista). [+] |
|
|  Lingua e cidadanía
para as persoas xordas |
Achegamos
unha colaboración de Santiago Frigola
Segimón, vogal de Política
Lingüística da Lingua de Signos Catalana
da Federació de Personas Sordas de
Catalunya (FESOCA). Este artigo dalgún
xeito vén a respostar o publicado nesta
web en Novembro de 2005 polo sociólogo
Xosé Luís Liñares
Barbeito publicado tamén nesas
data n´A Nosa Terra. [+] |
|
|  5-Abril: Mesa Redonda
en Vigo "Estatuto. Que Estatuto? |
A
Fundación organiza unha mesa redonda o
mércores 5 de Abril en Vigo coa participación
de Manuel Pérez, ex-Alcalde
de Vigo polo PP; Miguel Barros,
concelleiro en Vigo do PSOE; e Alberte
X. Rodríguez Feixoo, Presidente
da Fundación Enclave e ex-deputado do BNG.
Presenta: Amada Trada. [+] |
|
|  Adhesións ao
Manifesto "Estatuto de Nación para
Galiza" |
Nesta
nova facemos pública a listaxe de adhesións
recibidas até o momento ao Manifesto
"Estatuto de Nación para Galiza".
O Padroado aproveita para agradecer os apoios
recibidos. Se ainda non asinaches e queres facelo,
aquí podes. [+] |
|
|  O financiamento no
proxecto de Estatuto de Catalunya |
Fernando
del Río, profesor de economía
na USC e coordinador da Sección de Economía
da Fundación, presenta unha revisión
crítica do sistema de financiamento que
plantexa a proposta de Estatuto para Catalunya,
nestes intres en trámites no Congreso.
[+] |
|
|  A Fundación
participa nun acto en Marín sobre o Novo
Estatuto |
O
pasado 14 de Decembro a Fundación participou
nun debate na Biblioteca Municipal de Marín
organizado polo Colectivo Nacionalista de
Marín respecto do Novo Estatuto de
Autonomía. Participou neste acto Alberte
Vila, membro do noso Padroado, e o filósofo
da Aula Castelao de Filosofía, Domingos
Antón. [+] |
|
|  Imaxes da presentación
en Vigo do libro de Manuel Cao |
Manuel
Cao, membro do Consello de Redacción
da revista ENCLAVE, presentou o seu libro
"A política económica
da Xunta de Galicia" o pasado
luns 12 de Decembro na Galería Sargadelos
de Vigo. Eis podes ollar unhas instantáneas
do acto no que, alén o autor, tomaron parte
Xosé R. Paz Antón e César
Pazos. [+] |
|
|  Un Estatuto de NACIÓN
para Galiza |
A
Fundación Enclave presentou o 25 de Novembro
o seu MANIFESTO "Un
Estatuto de Nación para Galiza".
Unha delegación do Padroado da Fundación,
encabezada polo Presidente da Fundación
Alberte Rodríguez Feixóo,
fixo público este manifesto que podes coñecer
e subscribir aquí. [+] |
|
|  Lingua e cidadanía
para as persoas xordas |
Este
é o título do artigo do sociólogo
Xosé Luís Liñares
Barbeito publicado recentemente en A
Nosa Terra: "A lingua de sinais é
un código de comunicación visual
que desenvolveron as persoas xordas de xeito natural
para racharen co seu illamento a respecto da comunicación
oral, de feito os xordos definense a sí
mesmos de xeito positivo como persoas visuais".
[+] |
|
|  Ciclo de CINE sobre
a Guerra Civil en Ordes |
A
Fundación Enclave organiza un ciclo de
cine sobre a Guerra Civil na
vila de Ordes
composto por 4 filmes que van ser proxectados
sucesivamente os venres 4, 11 e 18 de
Novembro e o 3 de Decembro, todos ás
20:00 h., baixo os títulos respectivos
de "Ay Carmela", "Libertarias",
"Tierra y Libertad" e "La
hora de los valientes". Terán
lugar no Centro Comarcal de Ordes e a entrada
é libre. [+]
|
|
|  Novas incorporacións
ao Padroado da Fundación |
Dentro
do proceso de remodelación do Padroado
desta Fundación, destacar as incorporacións
a este organismo de dirección da actividade
da Fundación de Manuel M. Bragado,
Iolanda Galanes e Fernando
del Río. [+]
|
|
|  Remodélase o
Padroado da Fundación ENCLAVE |
Vén
de remodelarse a composición do Padroado
da Fundación ENCLAVE, de tal xeito que
Alberte X. Rodríguez Feixóo
pasa a ser o Presidente e Saúl
Santim da Branca o novo Director-Xerente.
Con estes cambios, o obxectivo establecido polo
novo periodo é o de acrecentar a actividade
social e a presenza pública na nosa entidade.
[+] |
|
|  Incorporacións
ao Consello de Redacción da revista ENCLAVE |
Acaba
de remodelarse o Consello de Redacción
da Revista ENCLAVE, destacando sobremaneira as
incorporacións ao mesmo de Francisco
X. Lores, Alberte Mahía
e Xosé Vixande. Mantense
ao frente do Consello Pedro Gómez-Valadés.
O novo Consello xa comezou a traballar na elaboración
dun novo número. [+]
|
|
|  Segue a venda o libro
das Xornadas de Políticas Lingüísticas |
Segue á venda o libro "Xornadas
de Coordinación de Políticas Lingüísticas"
editado pola Fundación Enclave que recolle
as colaboracións das persoas que participaron
nas I Xornadas de Coordinación de Políticas
Lingüísticas.
O prezo é de 6 € (gastos de envio
non incluidos) e podes solicita-lo através
do correio electrónico fundacionenclave@hotmail.com.
[+] |
|