FUNDACIÓN GALEGA SEN ÁNIMO DE LUCRO
 
 
 

I XORNADAS DE COORDENACIÓN DE POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS

Entre Decembro do 2001 e Febreiro do 2002 tivo lugar en Santiago de Compostela un ciclo de charlas-coloquio baixo o título de Xornadas de Coordenación de Políticas Lingüísticas organizado pola Fundación Enclave. A seguir, un breve resume das mesmas:

 

Experiencias de normalización

- Data e hora: Martes, 18 de Decembro de 2001 ás 20 h.
- Lugar: Cafetería Airas Nunes (rúa do Vilar)
Contouse coa participación CAMILO REGUEIRO (representante de galego21.org), quen analizou a implantación do galego no ámbito da informática; XEPE TORRES (representante da Coordenadora dos Equipos de normalización dos centros de ensino non universitario), quen resumiu as experiencias e problemas da normalización no ensino; e SOCORRO GARCÍA, (técnica de normalización do Concello de Santiago), quen plantexou a situación actual do galego nas administracións públicas.

 

Situación lingüística actual en Galicia

- Data e hora: Xoves, 17 de Xaneiro de 2002 ás 20 h.
- Lugar: Cafetería Airas Nunes (rúa do Vilar)
Participaron nesta xornada o profesor de Filoloxía Galega da Universidade da Coruña XOSÉ RAMÓN FREIXEIRO MATO, quen analizou tanto o problema da normativa como a polémica da normativa chamada de “concordia” e RAMÓN MARIÑO PAZ (Director do Departamento de Filoloxía Galega da USC), que se centrou máis na situación da lingua na actualidade, datos perspectivas e posibilidades de futuro.

 

A situación sociolingüística de Santiago

- Data e hora: Mércores, 23 de Xaneiro de 2002 ás 20 h.
- Lugar: Cafetería Airas Nunes (rúa do Vilar)
O Concelleiro de Normalización Lingüística de Santiago MANUEL PORTAS ofreceu unha charla na que deu conta da situación do galego neste concello e presentou as iniciativas levadas a cabo na súa concellería.

 

Experiencias e propostas de coordenación de políticas lingüísticas

- Data e hora: Xoves, 7 de Febreiro de 2002 ás 20 h.
- Lugar: Cafetería Airas Nunes (rúa do Vilar)
Tomaron parte nunha mesa redonda: XOSÉ BALDOMIR (membro da Mesa pola Normalización Lingüística), VALENTÍN GARCÍA (representante da Coordenadora de Traballadores pola Normalización Lingüística) e FRANCISCO VEIGA (portavoz da Nova Escola Galega).


Contacta co WebMaster