FUNDACIÓN GALEGA SEN ÁNIMO DE LUCRO
 
 

 

 
 

 

 

Esquerda Nacionalista
 
 
  Presentación do ENCLAVE 15 en Compostela

O xoves 3 de maio ás 20:00 h. preséntase o número 15 da revista ENCLAVE en Santiago na Facultade de Dereito, sita no Campus Sul, incluindo un coloquio posterior. Participarán no acto:

- Antón Fernández Escuredo, Redactor Xefe d´A Peneira

- Saúl Santim da Branca, Xerente da Fundación Enclave.

- Xosé Ramón Paz Antón, Deputado no Parlamento Galego.

[+]

  Presentación do ENCLAVE 15 en Vigo

O pasado 9 de febreiro tivo lugar a presentación do número 15 da revista ENCLAVE na Casa do Libro de Vigo coa participación de Pedro G. Valadés, coordinador da revista, e Xavier González, Antón Fernández e Xosé Mª Moreno, todos eles colaboradores neste número. [+]

  Xa na rua o ENCLAVE 15

Vén de saír do prelo o último número da revista ENCLAVE, que desta volta reparte os seus contidos entre a situación sociopolítica internacional coa actualidade galega.

Destacan neste número as colaboracións de Xosé Paz Antón, Lih Beiruk, Antón Fernández Escudero, Xosé Veiras, Shlomo Ben-Ami, Gerry Adams e Xosé Manuel Beiras. [+]

  Crónica das II Xornadas de Políticas Lingüísticas

Achegamos na presente nova documentación gráfica con varias instantáneas das primeiras tres sesións das II Xornadas de Coordinación de Políticas Lingüísticas da Fundación Enclave, que desta volta se celebran en colaboración coa Universidade de Vigo no Campus Universitario. [+]

  II Xornadas de Coordinación de Políticas Lingüísticas

A Fundación Enclave organiza conxuntamente coa Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo as II XORNADAS DE COORDINACIÓN DE POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS.

Deste volta vanse desenvolver no Edificio Miralles do Campus Universitario de Vigo os días 22, 27, 29 de novembro e o 11 de decembro en horario de tarde e validaranse con 1 crédito de libre configuración para os/as estudantes da U.Vigo.

Eis podes consultar o programa completo e informarte de como tramitar facilmente a túa inscrición. [+]

  O monte quere pobo

Este é o título do artigo de opinión verbo da vaga de lumes que está a padecer o noso país neste mes de agosto de Manuel Xesús Fontán Bouzas, enxeñeiro de montes e ex-concelleiro do BNG en Pontevedra, que achegamos ao noso laboratorio de ideas e que podes consultar directamente aquí. [+]

  13-Xullo: Presentación do ENCLAVE 14 en Compostela

O xoves 13 de Xullo terá lugar unha nova presentación do último número da revista ENCLAVE, nesta ocasión en Santiago de Compostela. O acto celebrarase ás 20:00 horas a Galería Sargadelos -sita na Rúa Nova da zona vella compostelá- e participarán no mesmo Xoán Carlos Bascuas, Camilo Nogueira e Emilio Insua, colaboradores neste número. Presentará o acto Xosé Antón Barreiro. [+]

  9-Maio: Presentación do ENCLAVE 14 en Vilagarcía

O 9 de Maio terá lugar a presentación do último número da revista ENCLAVE nunha nova vila do País, desta volta en Vilagarcía. O acto será ás 20:00 horas na libraría Arousa e participarán Manuel Portas (membro do Consello de Redacción da revista), Xosé Castro Ratón (portavoz municipal do BNG neste concello), Emilio Insua (colaborador neste número e Pedro Gómez-Valadés (coordinador da revista). [+]

  Lingua e cidadanía para as persoas xordas

Achegamos unha colaboración de Santiago Frigola Segimón, vogal de Política Lingüística da Lingua de Signos Catalana da Federació de Personas Sordas de Catalunya (FESOCA). Este artigo dalgún xeito vén a respostar o publicado nesta web en Novembro de 2005 polo sociólogo Xosé Luís Liñares Barbeito publicado tamén nesas data n´A Nosa Terra. [+]

  5-Abril: Mesa Redonda en Vigo "Estatuto. Que Estatuto?

A Fundación organiza unha mesa redonda o mércores 5 de Abril en Vigo coa participación de Manuel Pérez, ex-Alcalde de Vigo polo PP; Miguel Barros, concelleiro en Vigo do PSOE; e Alberte X. Rodríguez Feixoo, Presidente da Fundación Enclave e ex-deputado do BNG. Presenta: Amada Trada. [+]

  Adhesións ao Manifesto "Estatuto de Nación para Galiza"

Nesta nova facemos pública a listaxe de adhesións recibidas até o momento ao Manifesto "Estatuto de Nación para Galiza". O Padroado aproveita para agradecer os apoios recibidos. Se ainda non asinaches e queres facelo, aquí podes. [+]

  O financiamento no proxecto de Estatuto de Catalunya

Fernando del Río, profesor de economía na USC e coordinador da Sección de Economía da Fundación, presenta unha revisión crítica do sistema de financiamento que plantexa a proposta de Estatuto para Catalunya, nestes intres en trámites no Congreso. [+]

  A Fundación participa nun acto en Marín sobre o Novo Estatuto

O pasado 14 de Decembro a Fundación participou nun debate na Biblioteca Municipal de Marín organizado polo Colectivo Nacionalista de Marín respecto do Novo Estatuto de Autonomía. Participou neste acto Alberte Vila, membro do noso Padroado, e o filósofo da Aula Castelao de Filosofía, Domingos Antón. [+]

  Imaxes da presentación en Vigo do libro de Manuel Cao

Manuel Cao, membro do Consello de Redacción da revista ENCLAVE, presentou o seu libro "A política económica da Xunta de Galicia" o pasado luns 12 de Decembro na Galería Sargadelos de Vigo. Eis podes ollar unhas instantáneas do acto no que, alén o autor, tomaron parte Xosé R. Paz Antón e César Pazos. [+]

  Un Estatuto de NACIÓN para Galiza

A Fundación Enclave presentou o 25 de Novembro o seu MANIFESTO "Un Estatuto de Nación para Galiza". Unha delegación do Padroado da Fundación, encabezada polo Presidente da Fundación Alberte Rodríguez Feixóo, fixo público este manifesto que podes coñecer e subscribir aquí. [+]

  Lingua e cidadanía para as persoas xordas

Este é o título do artigo do sociólogo Xosé Luís Liñares Barbeito publicado recentemente en A Nosa Terra: "A lingua de sinais é un código de comunicación visual que desenvolveron as persoas xordas de xeito natural para racharen co seu illamento a respecto da comunicación oral, de feito os xordos definense a sí mesmos de xeito positivo como persoas visuais". [+]

  Ciclo de CINE sobre a Guerra Civil en Ordes

A Fundación Enclave organiza un ciclo de cine sobre a Guerra Civil na vila de Ordes composto por 4 filmes que van ser proxectados sucesivamente os venres 4, 11 e 18 de Novembro e o 3 de Decembro, todos ás 20:00 h., baixo os títulos respectivos de "Ay Carmela", "Libertarias", "Tierra y Libertad" e "La hora de los valientes". Terán lugar no Centro Comarcal de Ordes e a entrada é libre. [+]

  Novas incorporacións ao Padroado da Fundación

Dentro do proceso de remodelación do Padroado desta Fundación, destacar as incorporacións a este organismo de dirección da actividade da Fundación de Manuel M. Bragado, Iolanda Galanes e Fernando del Río. [+]

  Remodélase o Padroado da Fundación ENCLAVE

Vén de remodelarse a composición do Padroado da Fundación ENCLAVE, de tal xeito que Alberte X. Rodríguez Feixóo pasa a ser o Presidente e Saúl Santim da Branca o novo Director-Xerente. Con estes cambios, o obxectivo establecido polo novo periodo é o de acrecentar a actividade social e a presenza pública na nosa entidade. [+]

  Incorporacións ao Consello de Redacción da revista ENCLAVE

Acaba de remodelarse o Consello de Redacción da Revista ENCLAVE, destacando sobremaneira as incorporacións ao mesmo de Francisco X. Lores, Alberte Mahía e Xosé Vixande. Mantense ao frente do Consello Pedro Gómez-Valadés. O novo Consello xa comezou a traballar na elaboración dun novo número. [+]

  Segue a venda o libro das Xornadas de Políticas Lingüísticas

Segue á venda o libro "Xornadas de Coordinación de Políticas Lingüísticas" editado pola Fundación Enclave que recolle as colaboracións das persoas que participaron nas I Xornadas de Coordinación de Políticas Lingüísticas.

O prezo é de 6 € (gastos de envio non incluidos) e podes solicita-lo através do correio electrónico fundacionenclave@hotmail.com. [+]

Contacta co WebMaster