China
é unha potencia mundial en producción
ao mesmo tempo que un macromercado de máis
de 1.000 millóns de persoas que cada vez
son máis exixentes. Pensar en competir
con China en rotación e custos é
practicamente unha batalla perdida. Con esta potencia
mundial, entre outras variables, só se
pode competir con I+D+i (Investigación
+ Desenvolvemento e innovación). Unha empresa
que utilice a ciencia e o pensamento científico
para o desenvolvemento dos seus productos e servicios
poderá facerse cun importante segmento
de mercado en China.
Ante este escenario os empresarios-as galegos podemos plantexarnos,
en termos xerais, dúas posibilidades estratéxicas.
Desmantelar en Galiza as nosas fábricas e montalas
en China para competir con mellores marxes e máis rotación
no mercado europeo e galego, ou penetrar no imponente mercado
chinés. Temos que traer á economía das
nosas empresas e á economía de Galiza os investimentos
chineses. Isto quer dicer que os empresarios/as galegos temos
???c??A
a obriga de pensar en clave económico-galega. Os empresarios/as
galegos temos a obriga de ser nacionalistas.
A
doctrina sin práctica de pouco serve. Pois
ben. O pasado xoves 27 de novembro asinouse en
O Porriño, diante do alcalde D. Raúl
Francés o primeiro acordo de venda exclusiva
da empresa Xoane, fábrica de mobles de
cociña cun forte compoñente en I+D+i,
cun importante grupo financieiro chinés.
Os chinos mercarán as nosas cociñas.
Todo foi posible porque en Galiza xurde unha nova
firma de capital galego que ten implantación
diaria en China e levará en pouco tempo
a empresas de sectores estratéxicos de
Galiza a conquista do mercado chinés.
|