| O venres día 13, na Casa
da Cultura de Ordes, a Fundación Enclave
presentou a súa última revista (nº
12) dedicada monográficamente á
muller, con artigos de profisionais que abordan
desde distintos campos sociais a realidade da
muller na nosa sociedade.
Para adquirilo contacta sen: info@fundacionenclave.org.

A presentación correu a cargo da profesora
do IES nº 2 de Ordes, Charo Fernández
Velho. Posteriormente a profesora e doutora
Lola Ferreiro Diaz impartiu unha
charla sobre a violencia de xénero, analisando
o problema en xeral, o tratamento que lle dan
os medios de comunicación a este tema e
unha análise da “Lei Integral
de Xénero” que está en
trámite nas Cortes, sinalando tanto os
defeitos como as virtudes que ten desde a súa
perspectiva. As e os asistentes participaron posteriormente
nun animado debate onde intercambiaron diversas
opinións sobre esta problemática.

Achegamos tamén o recorte
de imprensa onde sae perfectamente recollido o
acto.

|