FUNDACIÓN GALEGA SEN ÁNIMO DE LUCRO
 
 
 

A Fundación participa nun acto en Marín sobre o Novo Estatuto

O pasado 14 de Decembro a Fundación participou nun debate na Biblioteca Municipal de Marín organizado polo Colectivo Nacionalista de Marín respecto do Novo Estatuto de Autonomía. Participou neste acto Alberte Vila, membro do noso Padroado, e o filósofo da Aula Castelao de Filosofía, Domingos Antón.

 

 

Alberte Vila aproveitou a oportunidade brindada por este movemento cidadán da Península do Morrazo para dar coñecer o Manifesto "Estatuto de Nación para Galiza" elaborado pola Fundación Enclave aos cidadáns e cidadás desta vila e, ao mesmo tempo, reparar nos aspectos máis consustanciais do mesmo.

 

 

 

Contacta co WebMaster