O
Padroado da Fundación Enclave, reunido
o pasado 23 de Xaneiro, estabelece as liñas
vectores xerais sobre os cais se tracexará
a actividade e mais o traballo social a realizar
pola Fundación para o ano 2004 que comeza.
Alén do habitual seguimento da actualidade
política, cultural, etc. e das propostas
que poidan ir xurdindo ao longo do ano en curso,
dous van ser os eixos básicos:
- O 40º aniversário da fundación
do Partido Socialista Galego
(PSG). Relembraremos a história da primeiro
partido nacionalista após a Guerra Civil.
- Trataremos tamén a problemática
de xénero. A Fundación Enclave
marca-se como obxectivo abrir foros de participación
para a muller; para todas aquelas mulleres que
xogan un papel sobranceiro no seu respectivo ámbito
de traballo ou participación social. |