Após
a solicitude realizada pola Fundación Enclave
e moi especialmente coa axuda inxente do concelleiro
do BNG nesta vila Ramón Caamaño,
o Concello de Lousame acaba de colocar unha placa
nos xardíns da Casa do Concello, sito no
lugar de Portobravo, na honra do poeta Antón
Avilés de Taramancos, nado na viciña
vila de Noia.
Concretamente, foi na tardiña do pasado
venres 14 de Maio cando tivo lugar o acto público
de inauguración da placa.
A Fundación continúa traballando
para que nos vindeiros meses se sigan a producir
actos deste tipo como homenaxe ao noso compañeiro
Antón Avilés en máis pontos
da xeografia galega.
|