FUNDACIÓN GALEGA SEN ÁNIMO DE LUCRO
 
 
 

 Xa podes adquirir o último número da revista ENCLAVE

Xa na rúa un novo número da nosa publicación ENCLAVE, que pivota sobre tres eixos: Europa, a reforma dos Estatutos de Autonomía e unha débeda. Hai dous anos, cando tiñamos prevista a edición dun especial dedicado ao 40 aniversario da fundación do PSG, unha maré negra pasou por riba de todos nós. Obrigounos a mudar o contido previsto e abordar de urxencia e monograficamente os efectos, as causas e as consecuencias daqueles días de vértixe. Agora, por fin, podemos presentarche o especial prometido. Unha reflexión dos que foron diferentes protagonistas sobre o que foi o PSG, porque foi e porque non foi.

 

 

Non podemos desde o Consello de Redacción de ENCLAVE deixar de lamentar a ausencia de protagonistas como Xosé Manuel Beiras e Domingos Merino que por diferentes razóns declinaron colaborar con nós, e xa que logo, contigo amabel lector/a.

Consello de Redacción

 

Para adquirir este último número contacta en: info@fundacionenclave.org.

 

 

Prema [+] para ollar os contidos deste número.

 

Contacta co WebMaster