O
Padroado da Fundación Enclave, co gallo
de honrar como ben se merece á memoria
deste noso compañeiro, acaba de apresentar
oficialmente á Alcaldia de Lugo a correspondente
solicitude para que un parque desta cidade
recén criado e polo que el pelexou denodadamente
no seu recente periodo como Concelleiro de Meio
Ambiente de Lugo receba o nome de Marcos
Cela.
Sexa esta unha pequena homenaxe ao noso benquerido
compañeiro Marcos Cela, finado o pasado
dia 10 de Marzo en Lugo, a mesma cidade amurallada
que o veu nacer en 1955. Casado con Cristina Ferreiro
e pai de tres rapazas, vaia desde aqui o noso
máis agarimoso saúdo a elas. Empregado
de banca, tiña como aficións a fotografía,
a música e o deporte. Xogaba ao baloncesto
e era socio do Breogán.
A sua longa traxectória política
de loita incansábel polo País comeza
xa na AN-PG, participando posteriormente no proceso
fundacional do noso Partido. Desde 1995, desempeñaba
o labor de concelleiro en Lugo polo BNG, sendo
Tenente de Alcalde e Concelleiro de Medio Ambiente
na pasada lexislatura. Tamén é de
salientar a sua actividade sindical, pois foi
Presidente do Comité de Empresa do BBV
pola CIG.
SOLICITUDE
DO NOME DUN PARQUE NA SUA HONRA
Padroado Fundación
ENCLAVE
Apartado de Correos 1023
Santiago de Compostela.
Lugo a 12 de marzo de 2004
CONCELLO DE LUGO
Excmo. Sr. Alcalde-Presidente
Sr. D. Xosé Clemente López Orozco
Praza Maior S/N
27001 LUGO
Excmo. Sr. Alcalde
A Fundación ENCLAVE, declarada Fundación
de Interese Galego por Orde da Consellería
de Cultura, Comunicación Social e Turismo
do 25 de xaneiro de 2001; quere solidarizarse
na dor polo pasamento de Marcos Manuel Cela Fernández,
membro desa Corporación Municipal e Veciño
exemplar da Cidade de Lugo.
En reunión de urxencia o Padroado desta
Fundación, da que El formaba parte, acordou
presentar ante Vostede e ante a Corporación
que preside unha petición que coidamos
recolle un sentimento colectivo na cidadanía
dado o seu carácter de “Bo e Xeneroso”
e o traballo desenvolto durante os nove anos de
Concelleiro, ben na oposición ou a fronte
da Concellería de Medio Ambiente, onde
a impronta da súa labor faise patente hoxendía,
así como os compromisos adquiridos no eido
sindical ou social polo finado Marcos Cela a prol
de Lugo, os Lugueses e Galiza.
Trátase, Excmo.
Sr. Alcalde de dedicarlle, na súa honra
e memoria, un espacio polo que El pelexou denodadamente:
“O PARQUE DA ACEA DE OLGA” que na
actualidade inda non dispón de ningún
nome.
Sen máis e agardando
unha sensíbel resposta a esta demanda,
saúdao afectuosamente en nome do Padroado
da Fundación ENCLAVE.
|