|
Vén de saír do prelo
o último número da revista ENCLAVE,
centrado desta volta no debate estatutario que
estamos a vivir na actualidade. Destaca neste
número unha entrevista ao Presidente da
Xunta de Galiza, Emilio P. Touriño, e as
colaboracións de Iñaki Anasagasti,
Josep-Lluís Carod-Rovida, Camilo Nogueira,
Miguel Barros Carlos Mella, Iolanda Galanes, Álvaro
López Mira, Fernando del Río, Vítor
Martíns e Alberte Mahía.

O pasado 25 de novembro tivo lugar
a presentación pública en Compostela
do Manifesto “Estatuto de Nación
para Galiza”. Manifesto que promovido desde
o Padroado da Fundación Enclave pretendía
acadar, desde a pluralidade, o maior eco e consenso
posíbel na sociedade galega. Pretendíase
co Manifesto dar apoio e cobertura a unha reclamación
que desde o Padroado da Fundación Enclave
consideramos básica no momento no que se
está a tratar a redacción dun novo
marco estatutario para o noso país. Podemos
dicir agora, que o resultado foi un éxito.
Acadouse o apoio dun amplo abano representativo
da sociedade galega, sen sectarismos nin prexuízos,
sectores todos unidos pola convición de
que Galiza debe ter recoñecemento explícito
como Nación no estatuto que saia dos debates
parlamentares. O Consello de Redacción
de ENCLAVE quere achegar desde este novo número,
as reflexións que ao respecto fan, Emilio
Pérez Touriño, Josep-Lluis Carod-Rovira,
Iñaki Anasagasti, Carlos Mella, Miguel
Barros, Iolanda Galanes, Xosé Emilio Insua,
Álvaro López Mira e Camilo Nogueira.
Mais sendo o cerne deste novo ENCLAVE o debate
estatutario, podes atopar tamén colaboracións
da importancia de Victor F.Freixanes, Alberte
Mahía, Vitor M. Martins, Fernando del Río,
Manuel Bragado, Santiago Jaureguizar, Francesco
Traficante, Xavier Mourón e Alberte Mahía.
Podes topar ENCLAVE nas principais librarías
do noso país ou podes tamén facer
a túa encomenda directamente no seguinte
correo: info@fundacionenclave.org.
|