FUNDACIÓN GALEGA SEN ÁNIMO DE LUCRO
 
 
 

UN ANO DESPOIS... Estrea de Vídeo e Charla-Colóquio

Baixo o título "UN ANO DESPOIS... As consecéncias económicas, sociais, ecolóxicas e políticas do Prestige", a Fundación Enclave organiza o luns 17 de Novembro ás 20 h. na Casa do Libro de Vigo (r. Velázquez Moreno) un acto con motivo do 1º aniversário do afundimento do PPetroleiro que supuxo a maior catástrofe ecolóxica da história do noso País.

 

O acto constará, nun primeiro lugar, da ESTREA DO VÍDEO "MEMÓRIA NEGRA", obra do compañeiro Xosé Maria Moreno. Este vídeo vén a ser a crónica de todo o que se dixo e non se fixo durante a Crise do Prestige. Recuperamos para a memória colectiva as mellores imaxes do afundimento, consecuéncias meioambientais, resposta cidadá e irresponsabilidade.

 

A segunda parte do acto será unha charla-colóquio coa participación de:

MARIA XOSÉ VÁZQUEZ. Profesora da Universidade de Vigo e membro de Adega

ALBERTE X. RODRÍGUEZ FEIXOO. Deputado do BNG no Parlamento Galego e Secretário Nacional de EN

Contacta co WebMaster