| 
Manuel Cao,
membro do Consello de Redacción da revista
ENCLAVE, presentará o seu libro
"A política económica
da Xunta de Galicia" o vindeiro
luns 21 de Novembro. O acto, organizado pola Fundación
Enclave, terá lugar ás 20 horas
na Galería Sargadelos compostelá
e participarán, alén o propio autor
da obra, o Director Xeral de Produción,
Industrias e Calidade Agroalimentaria Antonio
Oca Fernández e o Delegado Provincial
de Vivenda da Coruña Xoán
Carlos Bascuas Jardón.
A entrada é libre.
|