| 
Este é o título do artigo do sociólogo
Xosé Luís Liñares
Barbeito publicado recentemente no semanario
galego A Nosa Terra.
Comeza dicindo Xosé Luís Liñares
no seu artigo:
"A lingua de sinais
é un código de comunicación
visual que desenvolveron as persoas xordas de
xeito natural para racharen co seu illamento a
respecto da comunicación oral, de feito
os xordos definense a sí mesmos de xeito
positivo como persoas visuais.
A lingua de signos, lingua de sinais ou lingua
xestual, segundo as denominacións máis
habituais no mundo lusófono, é unha
adaptación creativa das persoas xordas
á sua eiva auditiva, unha resposta cultural
a un fenómeno biolóxico, cuxa gramática
se organiza no espazo a través dos xestos
da cara e dos movementos das mans, compensando
a falta de audición e garantindo o seu
desenvolvemento lingüistico e cognitivo."
Podes acceder directamente ao artigo completo,
publicado no Laboratorio
de Ideas desta web, premendo aquí.
|