| A
Fundación Enclave organiza coa Área
de Normalización Lingüística
da Universidade de Vigo as II XORNADAS
DE COORDINACIÓN DE POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS.
Deste volta vanse desenvolver no Edificio Miralles
do Campus Universitario de Vigo os días
22, 27 e 29 de novembro e o 11 de decembro
en horario de tarde e validaranse con
1 crédito de libre configuración
para os/as estudantes da U.Vigo.
Podes descargar directamente o dítico
das Xornadas aquí.
PRESENTACIÓN
A Fundación Enclave
vén desenvolvendo actuacións de
dinamización cultural que atinxen, entre
outros, temas á lingua. Boa proba diso
son os artigos sobre o tema nas súas publicacións
periódicas, así como a organización
das I Xornadas de Coordinación de Políticas
Lingüísticas e a publicación
das súas actas.
O cambio de goberno na Administración autonómica
pode ou debe implicar un cambio na xestión
lingüística, polo que a Fundación
Enclave estima que este é un momento propicio
para organizar as II Xornadas de Coordinación
de Políticas Lingüísticas.
Nesta nova edición das xornadas a Fundación
Enclave ten como obxectivo propiciar un debate
sobre o cambio de orientación, asemade
que divulgar e debater sobre os puntos de interese
básicos sobre os que asentar unha acción
política sobre a lingua. Para iso, desta
volta achégase ao ámbito universitario,
organizando conxuntamente estas II Xornadas coa
Área de Normalización Lingüística
da Universidade de Vigo.
OBXECTIVOS
O obxectivo principal é
establecer un debate no que se impliquen especialistas
en lingua, mais tamén departamentos de
xestión que teñen moito que achegar.
Outro dos obxectivos das xornadas é favorecer
o contacto entre os xestores e o colectivo profesional
implicado nesta materia, así como coñecer
cal é a posición e políticas
da nova administración en determinados
temas.
DESTINATARIOS/AS
Estas xornadas son de interese
para o colectivo de traballadores e traballadoras
de normalización lingüística,
industrias da lingua, investigadores/as da lingua
galega e mestres e profesores de secundaria encargados
dos Equipos de Normalización Lingüística.
Igualmente, tamén está especialmente
dirixido ao alumnado da Universidade.
VALIDACIÓN
Concedarase 1 crédito
de libre configuración a estudantes
das carreiras da Universidade de Vigo.
PREZO
DE INSCRICIÓN
- Ordinario: 10
€
- Estudantes U.Vigo: 5
€
- Bolseiros: 7,50
€
LUGAR
Edificio Millares
do Campus Universitario de Vigo (Lagoas-Marcosende).
Aula 1
DATAS
22, 27, 29 de novembro
e 11 de decembro de 2006, de 16:00 a
21:00 h.
PROGRAMA
- Mércores
22 de novembro de 2006 ás 16.00 h.
A
tradución en ámbito institucional
A cooficialidade do
galego en marco institucional tivo como resultado
a configuración e reinserción do
galego como lingua de uso na Administración
ou en parte dela. A través da publicación
diaria das publicacións e boletíns
oficiais, coa tradución como método,
foise configurando unha lingua administrativa
de seu que vén recuperar en parte a normalidade
do galego administrativo medieval. Cabe preguntarse
até que punto se cumpriron os obxectivos
normalizadores que se marcaran nos primeiros tempos
da cooficialidade, se a tradución foi a
vía máis axeitada para a normalización
e, mesmo, se podemos falar plenamente da (re)creación
dunha variedade especializada para o galego.
- Carlos Díaz
Abraira (Unidade de Tradutores do Parlamento
de Galicia)
- Xermán García Cancela
(Servizo de Tradución da Xunta de Galicia)
- Iolanda Galanes Santos (profesora
da Universidade de Vigo)
- Xosé González Martínez
(membro da Comisión Paritaria de Seguimento
do Plan Xeral de Normalización do Idioma
Galego e fundador da Asociación de Funcionarios
pola Normalización Lingüística).
- Luns 27 de novembro
de 2006 ás 16.00 h.
Desenvolvemento
das novas tecnoloxías en/para a lingua
galega
A investigación
e o desenvolvemento de aplicacións e ferramentas
informáticas é unha das tarefas
urxentes para a execución dunha exitosa
planificación do idioma. Ademais, tamén
convén avaliar a presenza da lingua na
rede, coñecer o apoio institucional á
promoción da lingua nas novas tecnoloxías
e o seu impacto na normalización do idioma.
Por todo iso, o obxectivo desta mesa é
reunir especialistas e profesionais en desenvolvemento
de aplicacións para o traballo lingüístico
con responsables da xestión na Consellaría
de Innovación e Industria para debater
sobre estes temas.
- José Ramom
Pichel Campos (Imaxin Software)
- María Yáñez Anllo
(exdirectora de Vieiros)
- Xavier Gómez Guinovart
(profesor na Universidade de Vigo)
- Representante da Dirección Xeral de Promoción
Industrial e da Sociedade da Información/
representante da Dirección Xeral de I+D
- Mércores
29 de novembro de 2006 ás 16.00 h.
Iniciativas
parlamentarias en prol da lingua
O traballo parlamentario
neste eido é absolutamente descoñecido
para a sociedade en xeral e tamén para
moitos dos normalizadores/as do país. Convocamos
nesta mesa os deputados/as dos tres partidos que
se encargan dos temas de lingua para dar a coñecer
as súas propostas. Serán temas de
especial interese a reforma do marco normativo
da lingua a partir da reforma estatutaria ou a
necesidade dunha nova Lei de normalización
lingüística. O obxectivo é
dar a coñecer a posición de cada
organización política con respecto
á lingua galega.
- Deputado/a do
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
- Deputado/a do Grupo Parlamentario do
Partido Popular de Galicia
- Deputado/a do Grupo Parlamentario do
PSdeG-PSOE
- Luns 11 de decembro
de 2006 ás 16.00 h.
Marco
normativo da lingua
Nesta mesa redonda
participan especialistas en lexislación
lingüística galegos e do País
Vasco que analizarán a consideración
das linguas propias no Estado, as novas posibilidades
dos novos estatutos, a necesidade de modificar,
anovar ou consensuar unha novas leis de normalización
lingüística de acordo co marco estatutario
vixente no futuro. Analizaranse tamén os
desenvolvementos normativos fundamentais para
unha política lingüística eficaz.
- Alba Nogueira
López (profesora de Dereito Administrativo
da Universidade de Santiago de Compostela)
- Iñaki Agirreazkuénaga
(catedrático de Dereito Administrativo
da Universidade de País Vasco)
- Xesús Costas Abreu (técnico
de Administración Xeral)
Modera: Henrique Costas González
(responsábel da Área de Normalización
Lingüística da Universidade de Vigo)
INSCRICIÓN
Para formalizar a inscrición
nestas Xornadas deberá:
1. Ingresar na conta bancaria 2091
0719 71 3040000397 (Caixa Galicia)
a cantidade que lle corresponda (estudantes U.Vigo,
5 €; bolseiros/as, 7,50 €; outros, 10
€), indicando no momento do ingreso o seu
nome completo como ordenante e como concepto “Inscripción
xornadas lingua”. Data límite:
21/11/06 ás 14:00 h.
2. Entregar o día 22 de novembro ás
16:00 horas no intre de acreditarse a ficha de
inscrición que pode descargar aquí,
xuntamente cunha fotocopia do seu Documento de
Identidade, do xustificante bancario de pagaento
da súa inscrición nas xornadas e
do impreso A-0 (só estudantes).
MÁIS
INFORMACIÓN
Pode clarificar as súas
dúbidas contactando directamente en info@fundacionenclave.org
ou ben no tlf. 605792322
(Manoel Bello, organización)
|