FUNDACIÓN GALEGA SEN ÁNIMO DE LUCRO
 
 
 

Apresenta-se o ENCLAVE 11 en Vigo o 28 de Outubro

O vindeiro martes 28 de Outubro será apresentado en Vigo o último número da revista ENCLAVE que edita a nosa Fundación.

Con este, chega-se ao número 11 e esta vez versa basicamente da Catástrofe do Prestige na Galiza e a análise das suas consecuéncias (económicas, ecolóxicas, sanitárias, políticas, sociais...).

O acto, que dará comezo ás 20:00 h., terá lugar na Libraria Andel de Vigo,sita na rua Pintor Lugrís (esta rua une a Prara da Independéncia con López Mora).

 

Apresenta o acto: César Pazos

Intervén: Sílvia Capom

 

A entrada é libre.

 

 

 

Achegamos os contidos deste número:

 

- Entrevista a Ramón Sabín.

- A maré negra do Prestige na Galiza e as súas consecuencias económicas por Xosé R. Doldán.

- O voluntariado na loita contra a maré negra do Prestige por Manuel Soto Castiñeira.

- As aves, o Prestige e o medio ambiente por Carlos Vales Vázquez.

- A operación verdadeira: "yanquies freedom" por Manuel Rico.

- A crise do Prestige e o pos-fraguismo na Galiza por Xosé Luís Barreiro Rivas.

- As seccións habituais: criacións literárias e musicais e recesións de libros.

Contacta co WebMaster