Após
a atitude impresentábel co uso do galego
do Alcalde de Vigo durante a reunión acordada
coa Fundación Enclave para demardarmos-lle
a concesión do nome dunha rua ou praza
da cidade á figura de Antón Avilés
de Taramancos, atitude que tivo como
consecuéncia imediata a suspensión
do encontro, a Fundación non se deu por
vencida e segue a traballar, noutros ámbitos,
para acadar o seu obxectivo.
A Fundación non vai dar por perdida a
oportunidade que o ano adicado pola RAG a Antón
Avilés de Taramancos nos dá de acadar
que Avilés teña presencia no rueiro
de Vigo. Posteriormente ao Plante a Ventura,
solicitou-se oficialmente através do Rexistro
do Concello a concesión dunha rua ao gran
poeta noiés; poeta que non esquezamos foi
fundador e militante até a sua morte de
Esquerda Nacionalista.
A solicitude de rua para Avilés contou
desde un primeiro momento coa colaboración
e o apoio do Concelleiro de Cultura, o compañeiro
Santiago Dominguez. Agardamos
desde Esquerda Nacionalista que o antes posíbel
frutifiquen as xestións encetadas e Vigo
teña a honra de contar como outras vilas
e cidades galegas xa o teñen, cun espazo
público en memória do compañeiro
Antón Avilés de Taramancos.
|