| Dentro do proceso
de remodelación do Padroado desta Fundación,
destacar as incorporacións a este organismo
de dirección da actividade da Fundación
de Manuel M. Bragado, Iolanda
Galanes e Fernando del Río,
ratificadas na xunta do 14 de Outubro.
Manuel
Bragado: é director de
Edicións Xerais de Galicia desde xaneiro
de 1994. Licenciado en Ciencias da Educación
pola USC e mestre de educación infantil
e primaria, ten publicado varios libros de carácter
pedagóxico e elaborado numerosos proxectos
didácticos de libros de texto. É
director da Revista Galega de Educación,
foi membro das ponencias de 'Lingua' e 'Literaturas
e industrias da edición' do Consello da
Cultura, e redactor do documento 'Lingua e edición'
da ponencia de Cultura do proxecto Galicia 2010,
publica regularmente artigos na prensa galega.
Foi tamén coordinados da ponencia de Política
Lingüística do Foro polo Novo Estatuto.
Iolanda
Galanes: é técnica
documentalista da Sección de Lingua do
Consello da Cultura Galega e profesora asociada
do Departamento de Tradución e Lingüística
da Universidade de Vigo. É socia fundadora
da Coordinadora de Traballadores/as para a Normalización
Lingüística e presidenta da Sociedade
Galega de Terminoloxía. Doutorouse en Filoloxía
Galega pola USC cunha tese sobre linguaxe administrativa.
Fernando del Río:
Doutor en Economía pola Universidade Carlos
III. Profesor no Departamento de Fundamentos da
Análise Económica da USC. Coordinará
a Comisión de Política Económica
do Padroado da Fundación Enclave.
|