FUNDACIÓN GALEGA SEN ÁNIMO DE LUCRO
 
 
 

Incorporacións ao Consello de Redacción da revista ENCLAVE

Acaba de remodelarse o Consello de Redacción da Revista ENCLAVE, destacando sobremaneira as incorporacións ao mesmo de Francisco X. Lores, Alberte Mahía e Xosé Vixande.

 

Francisco X. Lores (primeiro nas fotos) é profesor da Universidade de Vigo na Facultade de Ciencias Económicas e membro do Consello Comarcal do BNG.

Alberte Mahía, Enxeñeiro Técnico, é membro do Consello Nacional do BNG (segundo nas fotos).
Xosé Vixande, Doutorado en Belas Artes pola Universidade de Barcelona, fixo tamén Imaxe na Universidade de Vigo no campus de Pontevedra. Profesor de Deseño Gráfico e Fotografía en Vigo, é autor de infinidade de traballos multimedia.
Mantense ao frente do Consello Pedro Gómez-Valadés. Podes ollar aquí a composición do renovado Consello de Redacción.

 

O novo Consello, reunido o pasado 14 de Outubro en Compostela, xa comezou a traballar na elaboración dun novo número.

Contacta co WebMaster