FUNDACIÓN GALEGA SEN ÁNIMO DE LUCRO
 
 
 

As imaxes da homenaxe a Avilés de Taramancos en Vigo

Xa podes ollar aqui as imaxes máis sobranceiras do acto-homenaxe a Antón Avilés de Taramancos organizado pola Fundación Enclave na Casa do Libro de Vigo o pasado dia 5 de Maio.

Sorry, your browser doesn't support Java(tm).

 

A dirección do acto correu a conta do poeta vigués Xosé Mª Álvarez Caácamo, quen recentemente vén de publicar unha biografia de Avilés e foi amenizado polo grupo de actores Fulamo, Mengano e Citano composto por Manuel Botana, Manuel Pombal e Xosé Manuel Conde.

Os actores encargaron-se de recitar unha escolma de 14 poemas seleccionados por Pepe Caácamo, quen foi debullando a evolución da obra poética de Avilés e a relación desta co respeitivo ciclo vital do poeta de Noia.

Contacta co WebMaster