FUNDACIÓN GALEGA SEN ÁNIMO DE LUCRO
 
 
 

  A Fundación Enclave PLANTA ao Alcalde de Vigo

Os membros do Padroado da Fundación Enclave César Pazos e Alberte Vila viron-se na obriga de abandonar unha xuntanza co Alcalde de Vigo Ventura Pérez Mariño por negar-se este a manter a entrevista en galego o pasado 30 de Xullo. A xuntanza fora solicitada formalmente pola Fundación através do Rexistro do Concello para farcer-lle saber ao novo Alcalde de Vigo das actividades realizadas pola Fundación, asi como tamén informar-lle dos novos proxectos e propostas, especialmente a concesión do nome dunha rua da cidade a Antón Avilés de Taramancos.

Pois ben, os representantes da Fundación nesa entrevista, ao abeiro da Lei de uso do galego na Administración Pública, solicitaron-lle ao Sr. Pérez Mariño que empregase a língua galega durante a converna. A reacción do Alcalde é de NON, NON e NON, demostrando unha atitude totalmente anti-galega e protofascista que non podemos máis que denunciar.

Diante dunha atitude tan intransixente e desprezante cara ao galego, manifestou-se-lle que a xuntanza non podia continuar nesas condicións e que nos viamos na obriga de abandoar a reunión. O último que di Ventura é que respeita (vaia hipocresia!) a nosa opinión mais el fala en español e ponto. Destarte, sen dubida-lo, César Pazos e Alberte Vila abadonan a xuntanza.

Desde a Fundación Enclave só manifestar que a nosa atitude será belixerante ante casos tan bochornosos e lamentábeis como este de desprezo á língua da nosa Nazón, parte fundamental da nosa Cultura que nos identifica como povo. Todo o noso apoio terán, portanto, todas aquelas iniciativas dos distintos axentes sociais que vaian no camiño de demandar por parte da Alcaldia otra sensibilidade para e co galego.

 

Baixa a recurte de prensa do Atlántico do 31 de Xullo sobre este tema.

Baixa o a nova recollida en Xornal.com.

Contacta co WebMaster