| Biblos,
que naceu en Marzo do ano pasado e conta xa cuns
1.300 socios dentro e fóra de Galiza, é
un clube que tenta aschegar aos seus membros información
puntual de todo canto se edita en Galiza e das
novidades nos eidos da música e do cine,
así como do máis salientábel
do mercado portugués e dos países
lusófonos.
Para iso conta cunha publicación bimestral
de gran calidade, de 32 ou máis páxinas,
e dunha páxina web (www.biblosclube.com)
nas que se dá conta ademais das actividades
culturais que promove Biblos.
A mecánica é moi sinxela: o socio
paga unha cota anual de 15 euros que lle dá
dereito a recibir os seis exemplares anuais da
revista e a favorecerse de todas as ventaxas do
clube, como por exemplo os descontos que actualmente
ten na cadea de hoteis AC. O socio, que cada bimestre
debe facer un pedido da revista correspondente
ou do fondo ofertado nas anteriores, recibe co
pedido, de balde, un exemplar da nosa colección
Mandaio, moi interesante pola selección
de temas e autores (Fernández Naval, Lois
Diéguez, Isidro Novo, Taxes, García-Bodaño,
Pinto & Chinto, Emma Pedreira, Martínez
Oca, Pepe Coira, Ángel de la Cruz...) e
cunha coidada encadernación en tapa dura.
A maioría dos libros ofrécense co
5% de desconto que permite a lei, e os portes
de envío corren por conta de Biblos dentro
do Estado sempre que o pedido supere os 9 €.
Faite socio/a de Biblos! Fai País!
|