FUNDACIÓN GALEGA SEN ÁNIMO DE LUCRO
 
 
 

Crónica do charla coloquio en Vigo "EUROPA, EUROPA"

O pasado 19 de Xaneiro ás 20:00 h. celebrouse na Casa do Libro de Vigo a charla-coloquio organizada pola Fundación Enclave co título "EUROPA, EUROPA" coa participación de Camilo Nogueira, ex-eurodeputado do BNG. Finalmente, Víctor F. Freixanes, director de Galaxia, que tiña confirmada a asistencia, non puido asistir por motivos familiares.

 

Máis de 100 persoas asistiron a un acto no que Camilo Nogueira debullou os puntos máis importantes do Tratado Constitucional Europeo que o vindeiro 20 de Febreiro se somete no Estado Español a Referendo cidadán, demostrando o seu amplo coñecimento da materia após cinco anos de presenza no Parlamento do Bruxelas levando até aló a voz de Galiza e, portanto, conseguinte que en foros europeos se coñezan as problemáticas e demandas do noso País.

 

O acto foi presentado por César Pazos, membro do Padroado da Fundación Enclave.

Contacta co WebMaster