FUNDACIÓN GALEGA SEN ÁNIMO DE LUCRO
 
 
 

Xa se pode descargar a interface galega de Windows XP

Xa podes descargar esa interface de tradución para o galego a través da ligazón http://www.microsoft.com/spain/windowsxp/gallego/, onde che indican as instrucións precisas para o faceres.

 

Algunhas consideracións técnicas importantes a ter en conta son as seguintes:

 

· A Interface débese instalar só sobre Windows XP Professional ou Home Edition na súa versión en español. NON se instalará sobre Windows XP Professional ou Home Edition noutro idioma diferente do español.

 

· A Interface NON é un produto completo. Partes do sistema operativo non serán traducidas, entre elas atópanse:

o MSN Explorer
o Os xogos en Internet
o NetMeeting
o Porcións do asistente de conexión a Internet
o HyperTerminal
o Compoñentes de usuario e opcións de configuración avanzados (MMC, ferramentas administrativas, o Xestor de dispositivos)
o Activación de Windows

· A tradución do paquete de Office non está aínda ultimada para a súa descarga. Anunciouse que estará despois do verán.

 

Contacta co WebMaster