A Fundación Enclave, estatutariamente,
ten por obxecto:
• O fomento e realización de actividades
culturais que teñan por fin o estudo e
desenvolvimento do pensamento político,
social, económico e cultural de Galiza.
• Fomentar o estudo e a investigación
en matéria de formación da cidadania
galega.
• Colaborar no estudo das necesidades de
formación e cualificación da colectividade
galega en función das demandas sociais,
do desenvolvimento rexional, tecnolóxico
e económico.
• Prestar atención especial ao estudo
e formación dos sectores sociais desfavorecidos,
con necesidades especiais ou de integración,
co fin de conseguir un progreso social e solidário
para os galegos.
• Difundir o pensamento político
daquelas persoas e entidades que traballan, dentro
da legalidade vixente, pola consecución
da soberania da Nación Galega, o progreso
social e a profundización da democracia
na perspectiva de acadar unha sociedade galega
e mundial máis libre, xusta e solidária.
• Promover o coñecimento na sociedade
da personalidade nacional de Galiza e da sua história
impulsando o seu estudo e a sua proxeción
pública.
• Profundar no coñecimento da realidade
galega na sua dimensión política,
social, cultural e económica.
• Aumentar a formación política
dos cidadáns, profundar no debate político
e impulsar a sensibilización e conscienciación
da sociedade sobre a realidade e problemáticas
próprias da nación galega e a visión
do mundo desde unha perspectiva nacional galega.
Para o cumprimento dos obxectivos devanditos,
a Fundación Enclave poderá desenvolver
as seguintes actividades:
• Organización de cursos, conferéncias,
colóquios, congresos e seminários
de estudos.
• Criazón de grupos e equipas de
traballo.
• Impartir en solitário ou en colaboración
con outras entidades, actividades e cursos relacionados
coa formación e as necesidades de cualificación
da cidadania galega.
• Promover investigacións, estudos
e actividades tendentes a coñecer e difundir
as necesidades actuais e futuras en matéria
de formación.
• Edición, redacción e subvención
de publicacións e outros materiais.
• Organización dun arquivo do nacionalismo
galego e do pensamento político e social
de Galiza.
• Promoción, organización
e realización de exposicións, actividades
públicas e campañas de imprensa,
rádio e televisión coa intención
de difundir os obxectivos fundacionais.
• Dar axuda e soporte a persoas físicas
ou xurídicas, públicas ou privadas,
que compartan os obxectivos da Fundación,
através de subvencións, becas, encargo
de estudos, estabelecimento de prémios
e calquer outra forma no marco da legalidade vixente.
|